English

Mi Historia

 

Javier Gómez Noya nace en Basilea (Suíza) o 25 de marzo de 1983.

Os seus pais, Francisco Javier e Manuela, viviron neste país por motivos de traballo ata que en xullo de 1983, cando Javi só tiña 3 meses e o seu irmán (Rafael) 6 anos, regresan a España, a Ferrol, onde Javi crecería, estudaría e se formaría como deportista.

O primeiro deporte de competición que practicou foi fútbol, que compaxinaba con saídas en bici de montaña as fins de semana que podía co seu irmán e o seu pai, quen lle transmitiu a súa paixón polo deporte desde que Javi era moi pequeno. Con 11 anos e xa aburrido do fútbol, foi un compañeiro do colexio que practicaba natación quen o animou a apuntarse ao club da súa cidade, o Natación Ferrol, cando Javi apenas sabía nadar. Un paso fundamental que marcaría a súa carreira deportiva xa que é neste momento cando coñece ao seu primeiro e actual adestrador José Rioseco.

Javi aprende e mellora rápido, vaise convertendo nun nadador completo pero destacando sempre nas probas de fondo e estilos. Logra numerosos títulos de campión galego en categorías infantil, junior e absoluto en probas de crol (200, 400 e 1500) e estilos (200 e 400) e é finalista en campionatos de España en diferentes categorías. Non obstante, Javi, sempre inquedo e amante de todos os deportes descobre o triatlón en 1998, cando coñece a uns triatletas que ían  nadar ao seu club para preparar as súas competicións, estes propóñenlle competir nun triatlón. Así debuta no triatlón olímpico de Castropol( Asturias), con 15 anos, sen adestrar os segmentos de bici e carreira a pé, e obtén a segunda praza en categoría xuvenil, nun triatlón que gañaría nada máis e nada menos que Iván Raña. Como anécdota, esa mesma tarde, acode a unha travesía de natación en Ares que gaña…

Javi quedaría fascinado con este espectacular deporte e  dáse conta de que se adapta á perfección as súas características así que pouco a pouco comeza a compaxinar a súa tempada de natación coa de triatlón e comeza a compaxinar os seus adestramentos de natación coa bici e a carreira a pé. Comeza unha nova aventura na que se enrolaría tamén o seu adestrador José Rioseco, que supervisaría ademais os seus adestramentos de ciclismo e atletismo. A evolución de Javi no triatlón foi rapidísima, gañando practicamente todos os triatlóns nos que participaba na súa categoría e obtendo grandes postos en categoría absoluta cando todavía era xuvenil.

Non obstante, malia á súa rápida progresión deportiva, non foron poucos os obstáculos que atopou no seu camiño ata o cume. Así, en decembro de 1999 nunha concentración coa selección española xuvenil en Madrid, os servizos médicos do CSD  detectáronlle unha anomalía cardíaca que pola que en xuño de 2000, tras participar na súa primeira competición internacional (campionato de europa xuvenil por equipos, en Hungría). A partir deste momento  prodúcese unha discrepancia entre os especialistas que Javi consulta e o CSD sobre a súa aptitude para o triatlón de competición o que conleva á incongruente situación na que Javi compite nas súas competicións en España (xa que a licenza  expídea a Federación galega de triatlón, un dos principais apoios de Javi) pero está vetada a súa participación en competicións internacionais formando parte da selección española. Coñecida a súa situación e co apoio de diferentes especialistas en cardioloxía a nivel mundial decide loitar por recuperar a súa licenza internacional e demostrar o seu potencial como triatleta. Durante este tempo e cun ambiente cada vez máis enrarecido co CSD e a Federación española de triatlón, Javi gaña os campionatos de España de duatlón e triatlón tanto en categoría junior como sub 23 e grazas a un error administrativo participa no campionato de Europa junior de duatlón, que gaña con facilidade aínda que aos pocos días unha carta da federación española  ratifícalle a súa retirada de licenza. É en novembro de 2003 cando, grazas á intervención dun prestixioso galeno inglés, Javi por fin recupera a licenza tan só tres semanas antes do campionato do mundo de triatlón e gozando das súas vacacións xa que en principio sabía que non podería participar no mundial. Así, malia  estar fóra de forma e tan só con tres semanas de adestramento acode a Nova Zelandia e gaña o mundial sub 23. Aquí  prodúcese un punto de inflexión na carreira deportiva de Javi que grazas a este resultado e con liberdade para competir a nivel internacional,  proponse intentar acudir aos XXOO de Atenas.Deixa os seus estudos de Enxeñería de Camiños, Canles e portos e  transládase a Pontevedra a adestrar (lugar ideal para Javi para a práctica do seu deporte) onde un ano máis tarde comezaría a Estudar CC da actividade física e deporte. Debuta en copa do mundo en Tongyeong (Corea do Sur) logrando unha meritoria 4ª praza e con 21 anos disputa o seu primeiro campionato de Europa (Valencia) e campionato do mundo (Madeira) obtendo en ambas as dúas uns excelentes 8º postos. Non obstante, unha polémica decisión do director técnico da Fetri, que Javi nunca entendería,  déixao fóra dos XXOO e supón unha gran decepción para o ferrolán. Pero este feito  motivaríao aínda máis para demostrar a súa valía. Así, segue competindo en 2004 obtendo o subcampionato de España de triatlón tras Iván Raña (subcampión do mundo do momento) e logra outros dous top 10 en copa do mundo (Manchester e Madrid) ademais dos títulos nacionais de duatlón e triatlón en categoría sub-23 e vencer en numerosas probas nacionais.

Comeza con ilusión a tempada 2005 batendo o récord de Galicia de natación de 1500 m (15.53) non obstante, a poucos días de tomar o seu voo cara a Hawai e México para disputar as dúas primeiras copas do mundo do ano, o CSD volve  retirarlle a licenza de maneira “definitiva” sen que nada  variara na súa situación. E nesta ocasión tampouco pode competir en territorio español. Aquí vive Javi os seus peores momentos e é perseguido por parte do CSD e FETRI para evitar que compita incluso en equipos estranxeiros baixo responsabilidade desas federacións ata o punto de que se lle prohibe a entrada no C.A.R de Barcelona cando acudía a unha revisión médica. Non obstante, Javi malia  non poder competir e co seu caso “pechado” mantense adestrando sen ningún obxectivo pero reforzado, coma sempre, polos seus médicos, pola Federación galega de triatlón e a Xunta de Galicia, e coa esperanza de chegar a solucionar a difícil situación. Así,xórdelle a oportunidade de disputar unha prestixiosa competición privada en Francia, onde non lle poñen ningún problema para competir, (France Irontour) formando parte do Mulhouse Olympic Triathlon e poder medirse a algúns dos mellores triatletas do mundo. Javi marca un fito histórico ao gañar a competición impoñéndose en todas e cada unha das 6 etapas que compoñían a competición.

Ao comezo da temada 2006, onde volve a batir novamente o récord galego de natación en 1500m (15.48) e tras varios meses de loita e de visitar a máis especialistas internacionais en cardioloxía e co caso continuamente nos medios de comunicación, Javi recupera finalmente a licenza en febreiro de 2006 e comeza unha vertixinosa carreira internacional na que en 2006 lograría vencer en 3 probas da copa do mundo (Madrid, Hamburgo, Cancún), 2 segundos postos (Xordania, Pekín) e un 3º (Canadá) logrando ser o primeiro español en gañar a copa do mundo, obtendo tamén a victoria no campionato de España de triatlón, no Irontour e nunha proba do prestixioso Grand Prix francés (Embrun).

En 2007, e malia  ter o listón moi alto da tempada anterior,  supérase gañando o Campioato de Europa, 4 probas de copa do mundo (Lisboa,Manchester, Hungría e Pekín), 2 segundos postos (Madrid e Australia) e un 3º (Iowa). Gaña novamente a Copa do Mundo e finaliza o ano liderando o ranking mundial e o ranking de clasificación olímpica. Logra o subcampionato do mundo e imponse en 2 probas do GP francés (Lorient e La Baule). E sobre todo, o máis importante, goza do triatlón e achégaselle un pouco máis o seu soño de ser olímpico.

En 2008, ademais de intentar manter o seu excelente nivel de Copas do Mundo os seus obxectivos céntranse no Campionato do Mundo e os Xogos Olímpicos. Comeza a tempada cunha concentración durante o inverno en Sudáfrica e aproveita a súa estancia para gañar a proba ITU de Bloemfontein. En marzo desprázase a Australia e Nova Zelandia onde consegue dous primeiro postos nas Copas do Mundo de Mooloolaba e New Plymouth con dúas carreiras espectaculares na casa dos mellores triatletas do mundo. De regreso a Europa compite na súa casa:  Pontevedra, onde gaña a Copa de Europa Premium diante de miles de persoas que o animaban nunhas condicións climáticas moi difíciles.
Durante os meses de maio e xuño participa en tres competicións importantes en cinco fins de semana: 10 de maio Europeo de Lisboa, 25 de maio Copa do Mundo de Madrid e 8 de xuño Campionato do Mundo de Vancouver. O Europeo non saíu como esperaba pola escapada en bicicleta dun grupo de triatletas, acabou ocupando o 7º posto, pero desquitouse en dúas seguintes competicións Madrid foi a primeira copa do Mundo nas que repetía o ouro de 2006, para conseguir o seu maior éxito ata a actualidade proclamándose Campión do Mundo en Vancouver. Na actualidade estase preparando para afrontar a súa primeira cita Olímpica: Beijing 19 de agosto de 2008.
 

E sobre todo, o máis importante, goza do triatlón e achégaselle un pouco máis o seu soño de ser olímpico.

Sección vacia.